GalizartBenvid@s á arte galega
encóntraste en:fiestras > galizart
buscador:
seccións
 que é Galizart ? 
 novas 
 actualidade  
 arquivo novas  
 convocatorias 
 exposicións 
 enderezos 
 publicacións 
 crítica 
 artigos 
 artistas na rede 
 desfragmentador 
 contacta 
identificación do usuario
axuda subscrición
nota legal
Ten futuro a Cidade da Cultura de Santiago?
si
non
haberá que esperar
mellor tirar con todo

ver resultados
os máis descargados
1 inscripcion (EnCorto Inscripción.pdf - - 302 descargas )
2 Cartaz Xurxo Lobato (Cartel concurso XL.pdf - - 266 descargas )
3 IV Concurso Xurxo Lobato (cartel iv concurso[1].jpg - - 265 descargas )
4 paixon por crear (Paixón por crear, placer de admirar.pdf - - 253 descargas )
5 DOG 17 xullo 2007 (BolsasInvestigacionPatrimonioArteGalego.pdf - - 244 descargas )
ir ó área de descarga
IX Feira das Artes Plásticas
Xullo-agosto 2010





  O vindeiro venres 16 de xullo inaugúrase a IX edición da popular “Feira das Artes Plásticas de A Coruña”. O acto terá lugar ás 12:30h nos Xardíns de Méndez Núñez e contará coa presenza da concelleira de cultura Mª Xosé Bravo.

  A mostra permanecerá aberta ata o día 25 do presente mes en horario de 12 a 14h e de 18 a 22h. Nela participarán 26 artistas de recoñecido prestixio procedentes de distintos puntos de Galicia.

  Durante a derradeira xornada da feira celebrarase un certame de pintura infantil patrocinado pola Concellaría de Cultura do Concello de A Coruña, con importantes premios para nenos de entre 7 e 12 anos. As bases poderanse recoller na caseta de información.

  Falar da “IX Feira das Artes Plásticas” supón falar dunha traxectoria iniciada fai xa nove anos pola “Asociación de Artistas Plásticos Galegos ARGA”, que  converteu o evento nunha constante imprescindible do verán coruñés.

  A arte sae á rúa,  pónnolo fácil. Bríndanos a oportunidade de gozar coas obras e cos seus artistas durante un agradable paseo. A calidade é alta e a variedade de estilos pictóricos moi ampla, oportunidade sen igual para que o espectador adquira creacións do seu gusto. Por todo, unha festa artística que non se poden perder.

  Artistas participantes:
María Xesús Díaz, Abalde, Cabello Ruiz, Ramón Astray, Paco Ascón, Bego Tojo, Tino Poza, Gandullo, Pilar Fandiño, Vanessa Lodeiro, Teresa Faginas, Pedro Bueno, Novais, Luis Romero, María Manuela, Chelo Rodríguez, X. Vázquez Castro, Victor Rey, Teresa Añón, Rilo, Oscar Cabana, Laureano Vidal, A. Jorreto, Gerardo Fraga, C. Vázquez Prats,e Beatriz Ansede
 
 enviar por e-mail   imprimir



novo comentario
 
Por favor, introduza o código de seguridade
nome
asunto
texto


comezo

descarga

arquivo

axenda

galeria

ligazóns

contacto

foro

avisos