 | |
» Datas de celebración:
do 9 ao 12 de febreiro de 2006
» Lugar:
Feira Internacional de Galicia. 36540 Silleda (Pontevedra)
» Horario:
10 a 20 h
Atlantimag, é un Salón dirixido ao profesional e ao afeccionado á fotografía, video e imaxe dixital en xeral, un espazo único onde confluirá unha zona expositiva representativa de todo este sector profesional, con un área de actividades coorganizadas con os principais axentes implicados.
Lugar de encontro e presentación das últimas novidades deste sector dentro do apartado dixital: onde poderán atoparse os máis recentes sistemas de tratamento, almacenamiento e transmisión de imaxes (software específico ao alcance de todos os profesionais), todo o relacionado con a impresión e serigrafía dixital, ademais dos máis modernos equipos e tecnoloxías: como son os novos minilabs e a maquinaria de laboratorio máis avanzada técnicamente. E onde, con todo, os seguidores da fotografía profesional máis clásica atoparán tamén novidades en cámaras analógicas, reflex, APS, ou películas, así como accesorios, álbums, obxectivos, etc.
Será o medio principal e único no noroeste penínsular que permitirá aos establecementos e profesionais do sector informarse sobre estas novidades, de tal xeito que favorecerá a rendibilidade dos seus negocios, así como tamén ao afeccionado que atopará os medios para poder achegarse con as súas imaxes a este mundo profesional.
Un Salón con un completo programa de actividades, onde se celebrará o:
- II Salón Internacional especializado en Fotografía e Video Profesional, produtos multimedia así como Imaxe e Impresión dixital en pequeno e gran formato.
- II Congreso Internacional de Fotografía e Vídeo Profesional Galaico-Portugués, "Atlantimag", apoiado polas Asociación de Fotográfos Profesionais de Galicia e Norte de Portugal.
EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS:
Premios Lux de Fotografía 2005 da AFP (Asociación de Fotógrafos Profesionais de España): Formada por 176 obras, son os premios de fotografía profesional máis importantes de España. Desta colección forman parte as creacións de autores tan prestixiosos como Joan Garrigosa, Gustavo López, José María Mellado, Pep Ávila, Jorge Aguilera, Miguel Palacios, Dany Virgili, David del Val ou Pere Tordera ·
Colección de Honor da FEPFI: Que conta con instantáneas premiadas nos Premios Goya de Fotografía
Retrospectiva de Ernesto Schreck Muro: Representa a segunda xeración dun total de tres, constituidoras da saga de fotógrafos máis antiga de Galicia, e que exerce a súa profesión en Ourense desde o ano 1923.
Retrospectiva de José María Pérez Santoro: Fotógrafo nacido en Cangas do Morrazo en 1941, dúas veces galardoado con o primeiro premio do Concurso Europeo de Retrato (ano 1991, na categoría Composición; e 1992, na categoría Iluminación).
Exposición de Luís Lorenzo sobre Natureza
Exposición das fotografías distinguidas no I Concurso de Fotografía Atlantimag
|